Sunday 05 de May de 2024

Touro constrúe unha senda peonil na estrada de Circes a Calvos


O Concello de Touro constrúe unha senda peonil na estrada que une as localidades de Circes e Calvos de Socamiño. A cuadrilla municipal traballa estos días na construcción dunha senda de aproximadamente un kilómetro de lonxitude que descorre nunha das marxes da estrada que conecta as dúas parroquias do Concello de Touro. O Concello de Touro asume o presuposto desta obra, que completará ese kilómetro nos próximos meses. A veciñanza tiña demandado unha senda que permitira a conexión peonil entre as dúas localidades. Os traballos consisten na ampliación da marxe da carretera, na cimentación do traxecto da senda e no seu formigonado e sinalización. A actuación supón unha mellora da movilidade e a seguridade da veciñanza da contorna.